Ó final conseguino!!!! Despois de ter asumido que este ano perderíame o meu terceiro XGN consecutivo, resulta que conseguir entrar, así que estarei alí frikeando un ano máis.

O caso foi que o día 28 de xaneiro ás 5 da tarde (día e data para conseguir praza) eu tiña academia e non me podía apuntar. Entón pedinlle a unha amiga que me apuntase se podía e díxome que sí. Ela cumpliu o encargo á perfección, pero apuntounos un pouco tarde e entrei 1 minuto e 15 segungos despois das 5 da tarde.
Ata ahí todo normal, pero como moitos sabedes as 1500 prazas esgotáronse ós 28 segundos. Sabía que todos os anos reparten as prazas da xente que non pague no prazo establecido, pero vendo a marxe de tempo xa dín por feito que non iría este ano.
Pero este martes día 12 chegoume unha mensaxe ó mobil dicindo que estaba dentro, imaxinádevos a miña cara nese momento. Así que fun pagar a praza e xa estou confirmado.
Téñolle que dar as grazas a Natalia (Kerynha) por apuntarme, se non fose por ela non estaría escribindo isto. XD
Vémonos na XGN08

Joooo, moitas de nadas neno!!!
Vemonos alá o dia 14, xa so queda un mes