Domingo ás 6 da tarde, córtase a conexión á rede, a festa rematou.

Xa de volta na casa facemos balance: unha party súper divertida na que, por terceiro ano consecutivo, volvemos a non gañar ningún premio dos sorteos, pero esta festa de frikis é unha gran experiencia anual que non se esquece fácilmente.
Ademáis este ano, coa retransmisión do Gran Premio de Fórmula 1 en directo por as pantallas xigantes, vivíronse momentos espectaculares.
Non obtivemos premios (a parte de camisetas e chorradas varias), pero o meu grupo de colegas e máis eu saímos na portada de “La Voz de Galicia” na edición do sábado.
Akí tedes a foto escaneada. Eu son o que está xusto no medio da imaxe, levo unha camiseta negra e un portátil:

Para o ano volveremos e teremos moitas novidades. Según parece a XGN’09 celebrarase no “Pavillón Fontes do Sar” de Santiago, durará entre 4 e 5 días e o número de participantes pasará de 1500 a uns 4000.
Estaremos alí para comprobalo.


